16-20 marzo
1- Construir un instrumento con material de refugallo ( botes de iogur,caixas.......)
2-Escoitar con atención a canción "Fun ao mercado" de María Fumaça.
3- Inventar uns movementos para escenificar a canción.
Cando teñas todo preparado podes facer unha
representación aos adultos que estean contigo.
23-27 marzo
30 marzo-3 abril

20-24 abril
Ola de novo a todos e todas!
Espero que sigades moi ben, con paciencia, ánimo e ademáis esperando para vernos pronto.
Para esta semana propóñovos unhas actividades sinxelas pero que requiren atención e concentración.
Para a realización da primeira delas necesitades:
-4 folios de cores , (un vermello, un azul, un verde e un amarelo), se non tes, podes pintalos no centro da cor correspondente.
-4 kilos de concentración para non perder o rítmo.
Seguramente tendrás que repetir a actividade varias veces ata que che saia ben. Boa sorte!!
A seguinte actividade para esta semana é para repasar as negras e corcheas.
Lembra que o valor dunha negra é de un tempo e o valor dunha corchea é de medio tempo, ademáis a negra chamámoslle TA e a dobre corchea TI-TI.
Sorte!!
27 abril-1 maio
Ola a todos e todas!!
Espero que esta semana esteades moito mellor, xa que se vos permite sair a dar unha voltiña dunha hora, polo menos a tomar aire fresco, pero xa sabedes ao voltar a casa tedes que lavarvos moi ben as mans.
Esta semana propóñovos duas tareas que espero que vos gusten.
Na primeira delas tedes que estar moi atentos porque aparecen instrumentos da orquesta e tedes que saber cales son, ademais agudizade o oido porque está en inglés.
A seguinte actividade é unha canción na que se describe o proceso da preparación do pan de millo. Moi atentos!!
4-8 maio
Ola de novo a todos e todas!!!
Espero que todo vaia ben.¿ Estades aproveitando o tempo dos paseos? espero que si, pero con cuidado, xa sabedes, lavade ben as mans ao chegar a casa.
Antes de que me esqueza, recordarvos que os instrumentos que vos propuxen facer ao principio do confinamento, debedes gardalos porque estiven pensando que a volta imos facer unha exposición con todos eles.
Para esta semana deixovos un corto de Disney onde vos presentan instrumentos da orquestra e instrumentos utilizados no jazz.¿ Cántos instrumentos coñeces de cada grupo?. Estade atentos!!
A seguinte actividade é de repaso das figuras negra,branca e redonda.
11- 15 maio
Bo días a todos e todas!!
Pasiño a pasiño xa estamos na primeira fase, cada vez con algo novo. Nesta etapa xa podemos estar con algo máis de xente, pero sempre con prudencia para non volver atrás.
Esta semana imos a traballar dúas palabras que están en italiano " forte e piano". Para eso vouvos deixar un vídeo onde ides a apreciar claramente o significado de estos dous termos en música. A palabra "forte" e "piano" utilízanse para indicar o grado de intensidade do son. Estade atentos!!!
Esta semana deixovos tamén unha canción para repasar as notas musicales.
18-22 Maio
Ola de novo a todos e todas!!
¿Como vai todo?, espero que ben, e que dentro de nada mellor.
¿Estades cumprindo as normas?, estou segura de que si.
Para esta semana pensei nunha canción que me parece divertida. Ahí vai:
O galo canta a galiña chora
Polos pitiños que dormen fóra.
O galo canta a galiña chora
Polos pitiños que dormen fóra.
Cocorococó, cacaracacá
E os pitiños imos todos pasear.
Cacaracacá, cocorococó
E as pitiñas imos todas de excursión.
O galo canta a galiña chora
polos pitiños que dormen fóra.
O galo canta a galiña chora
polos pitiños que dormen fóra.
O galo canta a galiña chora
Polos pitiños que dormen fóra
O galo canta a galiña chora
polos pitiños que dormen fóra.
Quequerequé, quiquiriquí
No galiñeiro todos queremos durmir.
Quiquiriquí, quequerequé
Se no nos deixan berraremos outra vez.
O galo canta, a galiña chora
Polos pitiños que dormen fóra.
A segunda actividade que vos propoño é de repaso para que despois de tanto tempo non se vos olvide como se fai a clave de sol.
