top of page
16-20 marzo
23-27 marzo

30 marzo-3 abril
20-24 abril
Ola a todos e todas!!
Espero que sigades todos ben, e con ganas de volver pronto ao cole.
Para esta semana propóñovos unhas actividades que espero que vos resulten entretenidas.
Para a primeira ides necesitar un cubo dado volta e un pau ou unha culler para percutir sobre o cubo.
A segunda actividade que vos propoño é para traballar as síncopas que xa explicamos na clase. Trátase de ir decindo as sílabas correspondentes a cada figura acordádevos que a figura máis longa vai no medio de figuras máis curtas.
Boa sorte!!
27 abril-1 maio
Ola a todos e todas!!
Espero que esta semana esteades mellor ,xa que se vos permite sair unha horiña polo menos para tomar o aire, pero non vos olvidedes que ao chegar a casa tedes que lavarvos moi ben as mans.
Esta semana propóñovos dúas actividades que espero que vos gusten.
A primeira delas é de repaso, xa que a fixemos na clase de música, pero aínda necesita un pouco máis de práctica. A marcha Radetzky con percusión corporal.
Non olvides practicar os rítmos por separado e non pasar o seguinte sin antes ter asimilado o anterior. Boa sorte!!
A seguinte actividade é unha canción de Jamaica con moito rítmo para repasar as síncopas da semana pasada, está en inglés polo que terás que prestar moita atención.
O primeiro que debes facer é reproducir o rítmo do principio que aparece á dereita do vídeo percutindo nun cubo ou simplemente nunha mesa. Cando sepas ben a canción debes engadir o rítmo ao mesmo tempo. Ánimo!!
4-8 Maio
Ola de novo a todos e todas!!!
Espero que esteades ben, traballando moito e tamén paseando un ratiño todos os días.
Para esta semana déixovos a partitura e o audio da canción" dieta saludable" para os que aínda non saben ben a canción.
A seguinte actividade é unha actividade de percusión corporal para que poidades acompañar a" canción himno" deste confinamento, e que todos coñecedes: Resistiré. Estade ben atentos e repetide cada parte por separado ata que as teñades todas aprendidas para poder xuntalas. Boa sorte!!!
11-15 maio
Bo día a todos e todas!!
Pasiño a pasiño xa estamos na fase 1 onde xa podemos estar con máis xente , sempre con moita precaución para non volver atrás.
Para esta semana déixovos unha canción moi sinxela para tocar coa frauta ;non ten nada que non saibades, pero recordade que antes de tocar tedes que leela, logo estudiala por frases para rematar tocando a canción enteira.
Déixovos un enlace onde tedes a partitura ademáis do acompañamento instrumental. Boa sorte!!
Nestroutra actividade debedes repasar ritmos sinxelos ; para eso tedes que coller dous obxectos que sirvan para percutir, como dous lápices ou calquera outra cousa, solo tedes que ter coidado porque algo pasa coa velocidade.
18-22 Maio
Ola de novo a todos e a todas!!
Espero que sigades ben, e cada vez mellor.
Para esta semana o reto é un pouco máis difícil pero estou segura de que todos o superaredes. O reto de esta semana é unha canción para frauta que todos coñecedes " Hakuna Matata" do "Rey león". Todo o que aparece na canción está dado na clase solo necesitades practicar un pouco cada día. Moito ánimo!!
A seguinte actividade hoxe é un pouco de teoría que de vez en cando non ven mal. Neste caso debes prestar atención a este vídeo explicativo sobre as cualidades do son: tono, timbre e intensidade. Moi atentos!1
25-29 Maio
Ola a todos e todas!!
Espero que sigades ben. Hoxe empezamos a segunda fase deste confinamento e pouco a pouco volveremos á normalidade.
Teño que agradecervos todos os vídeos que estades a mandarme de todas as actividades que vos propoño aquí, así que para hoxe déixovos unha canción de frauta para que non perdades a práctica.
O título é "les avions de papier" da película " Los chicos del coro", ten o si bemol, non te esquezas, así que, ¡¡a por ela!!.
A seguinte actividade que vos propoño é de percusión, e podes facela cun cubo e dúas cucharas ou ben cos dous lápices percutindo nunha mesa.
Boa sorte!!
1-5 Xuño
Ola a todos e todas!!
Xa estamos en xuño e queda moi pouquiño para rematar este curso, espero que sigades ben.
Antes de nada quero agradecer aos nenos e nenas de 5º un vídeo alucinante que me enviaron, editado por unha mamá, que non só me gustou, senón que me emocionou. Tamén volver a agradecer aos nenos e nenas de 6º que están a mandar vídeos chulísimos das actividades aquí propostas.
Esta semana déixovos unhas actividades sinxelas para que sigades a traballar.
A segunda actividade é unha canción sinxeliña para frauta, só tes que ter coidado porque ten o fa sostenido que xa sabes facelo.
Ahí vai:
8-12 Xuño
Ola de novo a todos e todas!!!
Antes de nada teño que volver a agradecer a todos os que me mandastes vídeos das actividades aquí propostas. Encantóume recibilos!!.
Como xa non queda nada para rematar o curso, e dado que este ano non podemos celebrar unha festa presencial, propóñovos facer unha festa virtual .Vóuvos propoñer un vídeo con música moi alegre que nos vai servir para celebrar o fin deste curso tan especial e diferente a outros.
Unha vez que escoitedes a música debedes elexir entre varias opcións:
1- Acompañar a música con percusións corporais (palmas, pitos, pes etc...)
2- Inventar un baile para a música.
3- Acompañar a música con obxectos que farán de instrumentos.
Cando rematedes e teñades todo preparado podedes gravar o resultado e mandalo, os de 5º as vosas tutoras, e os de 6º a flipgrid Boa sorte!!!
bottom of page