top of page

16-20 marzo

1- Construir un instrumento musical con material de refugallo (envases de

    iogur, caixas.....)

​

2-Repasar as cancións de frauta deste trimestre recordando:

    - Man esquerda arriba.

    - Non premer demasiado cos 

      cos dedos nos buratos.

​

3- Cantar a canción "percusiones corporales" acompañada da nosa propia

    percusión corporal.

23-27 marzo

MUSICA.jpeg

Bos días!!

Imaxino que non esqueceríades a Leroy Anderson, do que falamos na clase e ademáis escoitamos algunhas obras como "La máquina de escribir" ou "El papel de lija". Para estes días ademáis de seguir practicando frauta propóñovos outra actividade que require moita atención. Sabedes quen é o compositor?. Podes facer o rítmo con calquera obxeto para percutir.

Sorte!!!

​

30 marzo-3 abril

Ola a todos e todas!!

 Esta semana propóñovos un repaso fácil e divertido dalgúns conceptos que aprendemos na clase de música e tamén un musicograma para seguir solo na parte donde tedes que dar palmas ou percutir nos xeonllos. 

Boa sorte!!

20-24 abril

Ola a todos e todas!!

Espero que sigades ben, animados e con ganas de volver pronto ao cole.

Para esta semana propóñovos unhas actividades para repasar algúns dos conceptos que aprendimos na clase. Necesitades estar ben atentos para non perder o rítmo. Boa sorte!!.

​

​

​

Para realizar a seguinte actividade deberás ter a man algúns obxectos que che sirvan para percutir, por exemplo dous lápices, dúas culleres, etc..

A primeira vez que fas a actividade debes facela sin percusión solo coas sílabas TA para a negra e TI-TI para as corcheas. Acórdate de respetar os silencios .

A segunda vez xa podes substituir as sílabas TA e TI-TI por percusións.

Sorte!!

27 abril-1 maio

Ola a todos e todas!!

Espero que esta semana de "estar na casa " sea moito mellor ,xa que se vos permite sair a dar unha voltiña dunha hora a tomar o aire, pero xa sabedes que ao chegar a casa tedes que lavar moi ben as mans.

Esta semana propóñovos dúas actividades que espero que vos gusten.

A primeira delas é un exercicio de rítmo, no que tes que ter en conta o seguinte:

1-Seguir o vídeo por partes.

2-Non pasar á segunda parte sin ter ben aprendida a primeira.

3- Primeiro faino amodo .

4-Cando o teñas todo.......boa sorte!!

​

​

​

A segunda actividade é unha actividade de repaso que xa vimos na clase e que penso que vos gustou, pero que aínda necesita un pouco máis de práctica, fixádevos ben  nos distintos rítmos e practicade cada un deles varias veces ata que os teñades todos ben asimilados.

Sorte!!

​

​

  4-8 Maio

Ola de novo a todos e todas!!

Espero que esteades todos ben, traballando moito e tamén saíndo a pasear, xa sabedes ao chegar a casa lavade ben as mans.

Esta semana pensei nunha actividade de percusión corporal xa que sodes todos uns expertos. Ahí vai!!

​

​

​

A seguinte actividade é para repasar "Forte e Piano" estos dous termos en italiano que xa dimos na clase.

 11-15 maio

Bo días a todos e todas!!

Xa estamos na seguinte fase, agora xa podemos estar con máis xente, pero sempre con moita prudencia para non volver atrás.

Esta semana vouvos deixar unha canción tradicional de Ghana (Africa) acompañada dun ritmo moi fácil. Espero que vos guste!!

​

​

​

Para os nenos e nenas de 4º deixo a partitura da canción Kokoleoko xunto o  acompañamento para poder tocala coa frauta, é moi fácil e non ten nada novo que non saibades. Ánimo!!!!

 18-22 Maio

Ola de novo a todos e todas!!

Espero que sigades todos ben, e cada vez mellor.

Para esta semana pensei nunha actividade para exercitar o sentido do ritmo e repasar ademáis a negra a corchea e o silencio de negra, e para facela necesitades dúas cucharas para percutir. Procurade fixarvos ben e non aceleredes máis da conta. Boa sorte!!

​

​

​

A seguinte actividade é de repaso dos compositores que vimos na clase. ¿Creedes que vos acordaredes?.

 25-29 Maio

Ola a todos e todas!!

Espero que sigades ben. Hoxe xa pasamos á segunda fase, onde todo pouco a pouco volve a normalidade.

Para esta semana propóñovos unha canción que sirve para que os de terceiro traballen un pouquiño a frauta con notas que xa dimos na clase e para que os de cuarto repasen e non perdan a práctica. A canción chámase "Horchata bachata" e déixovos o enlace co acompañamento instrumental.

Boa sorte!!

​

​

A seguinte actividade que vos propoño é de percusión, no vídeo está feito cun cubo e unhas baquetas, pero nos podemos facelo cos dous lápices sobre unha mesa. 

Imos alá!!!

​

​

Por certo que xa me esquencía, os instrumentos que vos propuxen facer o principio do confinamento gardádeos ben porque cando volvamos o próximo curso faremos unha exposición con eles.

​

 1-5 Xuño

Ola a todos e todas!!

Xa estamos en xuño e falta moi pouquiño para rematar este curso. Espero que sigades ben. 

Antes de nada teño que agradecervos os vídeos dalgúns nenos e nenas que me fixeron chegar as tutoras. Recordarvos que podedes seguir a mandar vídeos das actividades que vos propoño aquí.

Esta semana déixovos as seguintes actividades:

A primeira delas é un exercicio de ritmo con negras e silencio de negra para percutir nun cubo ou con dous lápices nunha mesa.

​

​

​

A segunda actividade é unha canción galega moi coñecida para frauta que non ten ningún concepto descoñecido así que Sorte!!

 8-12 Xuño

Ola de novo a todos e todas!!!

Antes de nada agradecer a todos os que mandastes algún vídeo que me fixeron chegar as vosas tutoras, encantóume recibilos.

Como xa non queda nada para rematar o curso, e dado que este ano non podemos celebrar unha festa presencial, propóñovos facer unha festa virtual .Vóuvos propoñer un vídeo con música  moi alegre que nos vai servir para celebrar o fin deste curso tan especial e diferente a outros. 

Unha vez que escoitedes a música debedes elexir entre varias opcións:

1- Acompañar a música con percusións corporais (palmas, pitos, pes etc...)

2- Inventar un baile para a música.

3- Acompañar a música con obxectos que farán de instrumentos.

Cando rematedes e teñades todo preparado podedes gravar o resultado e mandalo as vosas tutoras. Boa sorte!!!

bottom of page